A Coruña Convention Bureau no 36 Congreso de OPC celebrado en A Coruña

Published On: 27 de Febreiro de 2024Categories: Uncategorized

Do 22 ao 24 de febreiro de 2024 celebrouse en Palexco o 36 Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos. Baixo o tema do COMPROMISO 360º, explorouse a importancia da responsabilidade social, a diferenciación e os valores nos eventos contemporáneos. 

A Coruña Convention Bureau contou cunha caseta para presentar a oferta MICE da cidade, ofrecendo unha visión de primeira man das posibilidades que ofrece A Coruña. Este congreso foi un punto de encontro para directivos, propietarios e xerentes do sector, así como unha plataforma para destacar os atributos MICE da cidade herculina a nivel nacional. 

Ademais, realizaron diferentes actividades na nosa cidade. O sábado comezaron o día cunha visita á exposición Helmut Newton-Fact & Fiction, con posterior traslado a MEGA. Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola Mariña e a Cidade Vella. 

Comparte en redes