A Coruña Convention Bureau, na reunión convocada pola Concellería para mellorar a conectividade

Published On: 18 de Outubro de 2024Categories: Uncategorized

O pasado 16 de outubro, unha representación de A Coruña Convention Bureau, incluíndo ao presidente da entidade, José Blanco; o xerente, Álvaro Leis; e algúns dos nosos patróns, como Juana Abellaneda, Marta Guimarães, Andrés Fernández e Agustín Collazos, asistiron a unha reunión crave organizada por Gonzalo Castro, concelleiro de Turismo do Concello da Coruña, xunto a actores do sector turístico e comercial locais.

Durante este encontro abordáronse temas fundamentais, entre eles a conectividade de Alvedro e os roteiros aéreos prioritarios para A Coruña. A xornada destacou polo seu enfoque colaborativo. Os asistentes acordaron manter reunións periódicas e específicas centradas en mellorar a conectividade do aeroporto, identificando destinos e aerolíneas que potencien o atractivo turístico e as opcións de acceso á cidade. Esta sesión é unha declaración de intencións dun traballo conxunto, aliñado coas necesidades estratéxicas do sector turístico coruñés.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.