A Coruña Convention Bureau participa por primeira vez no Bilbao Business Meetings

Published On: 6 de Febreiro de 2024Categories: Uncategorized

Álvaro Lens, xerente de A Coruña Convention Bureau, estivo presente, entre o 1 e o 3 de febreiro, en Bilbao no Bilbao Business Meetings, un encontro profesional cuxo obxectivo é promocionar a oferta MICE do País Vasco e outros destinos españois no mercado francés. Esta é a primeira edición en Bilbao. 

Esta foi a primeira participación de A Coruña Convention Bureau neste foro, organizado por Meet&Com, empresa especializada neste tipo de eventos no mercado francés e con quen xa se mantiveron reunións no pasado. O feito de tratarse dun grupo reducido, propiciou que, ademais das 12 reunións programadas, chegásese a obter información de 18 empresas.

Continuamos presentando a oferta MICE de A Coruña como destino ideal de grandes eventos e reunións profesionais. 

Comparte en redes