A Coruña Convention Bureau, presente na nova edición de m&i Europe Spring en Turquía
A Coruña Convention Bureau realizou unha nova viaxe de negocios internacional para estar presente na nova edición de m&i Europe Spring, que se celebra estes días en Turquía. Esta nova viaxe, na que participou o noso xerente Álvaro Lens, presentando toda a oferta MICE na cidade, enmárcase na política de promoción turística e levouse a cabo grazas ao convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. Máis de 40 entrevistas a compradores de Reino Unido, Francia, Suíza e Italia principalmente, aproveitando as conexións aéreas directas, promovendo A Coruña como destino ideal para viaxes de incentivos ou convencións de empresa.
É un foro exclusivo de recoñecido prestixio dentro do segmento do turismo para congresos, convencións, incentivos e outros eventos profesionais. Está pensado para crear sinerxías entre provedores e compradores que buscan experiencias innovadoras e diferentes como a que ofrece o concello da Coruña.
A filosofía de M&I baséase en que as mellores relacións profesionais se establecen cando os asistentes realmente poden ser eles mesmos, polo que o obxectivo dos seus eventos é proporcionar un ambiente animado pero relaxado.
Os eventos de M&I son intensos e funcionan como un reloxo, baseándose no poder das conexións entre persoas para facer grandes ofertas.

La información MICE de A Coruña en tu mail
Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.