A Coruña Convention Bureau renueva el convenio de descuento con Air Europa

Published On: 29 de Outubro de 2025Categories: Uncategorized

A Coruña Convention Bureau renovou por un ano -ata outubro de 2026- o seu acordo con Air Europa, mediante o cal se ofrece un 10 % de desconto nas tarifas aéreas de todos os voos con orixe ou destino no Aeroporto da Coruña (LCG).

O desconto está dispoñible para os socios de A Coruña Convention Bureau, así como para as persoas participantes e organizadoras de eventos, congresos e reunións que se celebren na cidade, facilitando o desprazamento de profesionais vencellados ao sector MICE.

Coa renovación deste acordo, A Coruña Convention Bureau reforza o seu compromiso coa conectividade aérea da cidade e coa creación de vantaxes competitivas para atraer e acoller eventos de primeiro nivel.

Grazas a esta colaboración con Air Europa, viaxar á Coruña -sexa como punto de saída ou de chegada- resulta agora máis accesible e vantaxoso, impulsando o posicionamento da cidade como destino MICE de referencia.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.