A Coruña, presente en la prensa MICE italiana
A revista Edimanmedio de referencia do sector MICE en Italia, faise eco das recentes xornadas de comercialización celebradas en Milán e Roma, organizadas por Turespaña.
A reportaxe pon en valor a participación do A Coruña Convention Bureauque estivo presente xunto con outros destinos e entidades españolas nun encontro estratéxico para reforzar a conexión co mercado italiano. Estas xornadas foron unha excelente oportunidade para dar a coñecer o potencial da Coruña como destino para reunións, congresos e incentivos, destacando a súa oferta profesional, o seu atractivo urbano e a súa capacidade para acoller eventos de alto nivel.
Desde o A Coruña Convention Bureau seguimos traballando activamente para ampliar alianzas, abrir novas oportunidades de colaboración e consolidar A Coruña como un destino estratéxico dentro do panorama internacional do turismo de reunións.
La información MICE de A Coruña en tu mail
Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.




