A Coruña será a sede de Global MICE Forums Edición Asociativa, o evento de referencia do mercado nacional MICE

Published On: 31 de Xullo de 2026Categories: Uncategorized

A Coruña foi elixida como sede dunha próxima edición de Global MICE Forums Edición Asociativa, que se celebrará entre o 5 e o 7 de xullo, un dos principais encontros profesionais do sector MICE en España. Esta designación foi posible grazas ao traballo desenvolvido polo A Coruña Convention Bureau, co apoio económico de Turismo de Galicia e do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, que contribuíron a que a organización escollese a cidade como sede do evento. Este nomeamento supón un importante recoñecemento ao posicionamento da Coruña como destino para a celebración de congresos e reunións profesionais e reforza a estratexia de captación impulsada polo Convention Bureau. A elección da Coruña é o resultado do labor de promoción que o Convention Bureau vén desenvolvendo nos principais encontros especializados do sector, en colaboración con Palexco e Expocoruña.

En los últimos años, el Convention Bureau ha liderado la promoción de A Coruña en diferentes ediciones de Global MICE Forums, incorporando a Palexco y Expocoruña a esta estrategia conjunta de posicionamiento del destino. Las tres entidades han participado en encuentros celebrados en destinos como Gran Canaria y Girona, dando a conocer la oferta de la ciudad ante asociaciones, organizadores profesionales de congresos y responsables de eventos de toda España. La última vez que Global MICE Forums se celebró en Galicia fue en julio de 2023, con la celebración de la Edición Asociativa en A Toxa, un encuentro que volvió a poner de manifiesto el peso de la comunidad como destino para el turismo de reuniones.

Global MICE Forums consolidouse como un dos principais foros de negocio do sector MICE grazas a un formato baseado en reunións previamente axendadas entre compradores e provedores, complementadas con sesións de networking e actividades experienciais que favorecen a creación de novas oportunidades de colaboración e a captación de futuros congresos.

A celebración deste encontro na Coruña permitirá amosar o potencial do destino a algúns dos principais prescritores do sector, poñendo en valor a calidade das súas infraestruturas, a capacidade organizativa da cidade e unha oferta que combina espazos congresuais de primeiro nivel, unha ampla planta hoteleira, unha recoñecida gastronomía e unha contorna urbana especialmente atractiva para a celebración de reunións e eventos.

A designación da Coruña como sede de Global MICE Forums Edición Asociativa representa un novo impulso para a estratexia de captación de congresos impulsada por A Coruña Convention Bureau e consolida o traballo desenvolvido xunto a Palexco e Expocoruña para reforzar o posicionamento da cidade como un dos destinos de referencia do turismo MICE en España.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.