David Don, director de We Galicia: «O sector MICE está en pleno auxe, especialmente na cidade da Coruña»

Published On: 28 de Marzo de 2025Categories: Uncategorized

Por favor, preséntate e cóntanos sobre o teu traballo en We Galicia. O meu nome é David Don, son o director de We Galicia, axencia de viaxes receptiva especializada nos servizos de guías oficiais de Galicia. A nosa empresa foi a primeira en implementar as visitas free tour na cidade da Coruña e isto permítenos contar con máis de 10.000 clientes anuais na cidade. Ademais, tamén realizamos todo tipo de servizos de guías oficiais na cidade: visitas privadas, congresos, servizos de cruceiros…

Como ves o sector MICE da nosa cidade?

Creo que está en pleno auxe especialmente na cidade da Coruña, que presenta unha serie de infraestruturas diferenciais co resto de cidades de Galicia: capacidade hostaleira, lugares para grandes eventos, boas conexións co resto da península e Europa.

 Que destacarías da cidade como destino de eventos, feiras ou congresos?

Creo que sen dúbida, un gran factor diferencial é a gastronomía da cidade, que pode poñer o perfecto broche final a calquera destes eventos.

Que destacarías da túa empresa no seu traballo no día a día nos eventos MICE? 

A nosa empresa conta cun grupo de 20 guías oficiais que permiten abarcar estes grandes grupos e darlles un servizo de calidade aos asistentes de visitas na cidade da Coruña.

Como ves o futuro do sector MICE na Coruña?

Sen dúbida, é un sector á alza na cidade cunha gran actividade neste momento e que vai seguir crecendo.

Coñecendo a David Don

Que che inspirou a traballar neste sector e que segue motivándote día a día?

Pois a pesar de que a miña formación é completamente oposta (son doutor en enxeñería química), o feito de vivir e viaxar por moitos continentes permitiume ter unha visión global desde o punto de vista das necesidades dos clientes. O feito de ter a unha persoa local que che ensine as xoias das cidades dunha maneira profesional inspiroume a crear o proxecto de We Galicia.

Todos temos un lugar especial na cidade, cal é o teu e por qué?

O meu sitio favorito é a Rosa dos Ventos, á beira da Torre de Hércules, colocada na punta da cidade, estás aos pés do faro máis antigo da Humanidade ao mesmo tempo que o Océano Atlántico abrázache polos catro custados.


Se puideses elixir calquera lugar do mundo para as túas vacacións ideais, onde sería e por qué? 

Pois despois de percorrer máis de 40 países en todos os continentes, quedo con Galicia no verán, festas en todos os pobos, días larguísimos e un verán suave e cálido.

Por último, hai algunha mensaxe ou consello que che gustaría compartir cos teus colegas do Convention Bureau e do sector MICE na Coruña?

Diríalles que, máis aló das infraestruturas e o necesario para desenvolver as feiras e congresos, non deixen de fomentar que os asistentes poidan participar en visitas guiadas na cidade para descubrir os múltiples segredos e historias que ten esta cidade.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.