O Palacio da Ópera impulsa a oferta MICE da Coruña con novos espazos e unha proposta integral para eventos
A Coruña continúa fortalecendo o seu posicionamento como destino MICE coa incorporación de novas propostas e espazos orientados á celebración de eventos corporativos, convencións e encontros profesionais. Neste contexto, o emblemático Palacio da Ópera presentou recentemente a súa renovada aposta estratéxica para o sector eventos, ampliando a súa actividade máis alá da súa histórica vinculación cultural e musical. Desde A Coruña Convention Bureau valoramos moi positivamente esta evolución, que permite seguir ampliando a capacidade da cidade para acoller eventos diferenciais, versátiles e adaptados ás novas demandas do mercado MICE.
Baixo o concepto “Onde cada evento atopa o seu escenario”, o Palacio da Ópera amosou os seus novos espazos reformados e unha proposta baseada na experiencia integral do asistente, permitindo desenvolver diferentes momentos dun mesmo evento dentro do propio edificio: recepción, reunións, networking, restauración ou celebracións. Entre as novidades destacan espazos como a sala Allegro, concibida para formatos creativos e encontros de marca, así como a renovación do Salón Armonía, caracterizado pola súa amplitude, luz natural e capacidade para albergar eventos sociais e corporativos. A proposta complétase con outros espazos adaptados a diferentes necesidades, como o Auditorio Cámara, a Sala Sonata ou as áreas reservadas Tonal e Vivace. Un dos principais elementos diferenciais desta nova etapa será ademais a integración da música como parte da experiencia dos eventos, grazas á colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia, permitindo incorporar actuacións e formatos musicais adaptados a cada encontro.
A nova estratexia contempla ademais unha coordinación conxunta con Palexco e Hi Coruña para ofrecer experiencias integrais a organizadores e empresas a través dun único interlocutor. Esta colaboración permitirá combinar distintos espazos e formatos dentro dun mesmo evento, enriquecendo a experiencia e facilitando a organización loxística. A incorporación de propostas como esta continúa reforzando o ecosistema MICE da Coruña, unha cidade que combina infraestruturas, conectividade, gastronomía, capacidade hoteleira e espazos singulares preparados para albergar congresos, convencións e eventos corporativos de diferentes dimensións.

La información MICE de A Coruña en tu mail
Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.




