ExpoCoruña acolleu unha nova edición da feira Biocultura, celebrada entre o 1 e o 3 de marzo

Published On: 4 de Marzo de 2024Categories: Uncategorized

ExpoCoruña continúa apostando polo eco e repetiu outra edición de BioCultura. Durante o 1 e o 3 de marzo levaron a cabo actividades, exposición de produtos e experiencias ecolóxicas que demostraron que existen outras formas de consumo posibles para garantir un futuro sostible. A feira contou con 150 expositores, un centenar de charlas e actividades complementarias. Alimentos ecolóxicos, cosmética econatural, téxtil sostible e moito ecoturismo tiveron cabida no evento. De feito, este último sector foi un dos protagonistas da feira.

BioCultura Biocultura pechou as súas portas con cifras de récord. Más de 14.200 persoas pasaron polo recinto, o que significa un récord de visitantes e un incremento destacado respecto á última edición. 

Ademais, cabe destacar que os expositores alcanzaron un récord de vendas este ano. Os organizadores do evento expresaron a súa satisfacción, xa que as charlas, talleres e demostracións culinarias tamén contaron cunha gran asistencia desde o primeiro día.  

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.