Ficha técnica
Somos unha axencia de comunicación internacional na que damos todo tipo de solucións para situacións multilingües. Os nosos servizos están divididos en tres áreas: tradución e interpretación, internacionalización e eventos.
Área de tradución e interpretación: ofrecemos servizos de tradución a e interpretación en todos os idiomas. Traballamos con tradutores sempre nativos do idioma cara ao que se traduce e expertos na materia a tratar. A nosa ampla rede de colaboradores permítenos ofrecer un servizo totalmente adaptado ás diferentes necesidades que poidan ter os nosos clientes.
Área de internacionalización: Creamos contidos dixitais en calquera idioma para axudar a mellorar o posicionamento nos mercados internacionais. É o mellor servizo para campañas publicitarias, redes sociais, webs, blogues, etc.
Eventos: Proporcionamos solucións tecnolóxicas para a emisión de eventos tanto presenciais como virtuais e a súa difusión en calquera idioma. Dispoñemos dunha app propia para iso, totalmente personalizable, e ademais o noso equipo técnico adáptase a todo tipo de plataformas.