Ficha técnica

  • Pedro Vilariño / Lucía Cidón
  • lcidon@montesqueiro.com
  • 981 904 455
  • www.montesqueiro.com

Capacidade Max Sala: 450

Finca Montesqueiro, situada no exclusivo municipio de Oleiros, a tan só 6 km. do centro da Coruña, é un espazo singulardeseñado e construído co único obxectivo de dar cabida a calquera evento profesional, facendo que os seus clientes se sintan como na súa propia casa. Este obxectivo marcou tanto a arquitectura, como por suposto a distribución e deseño dos distintos espazos. É por iso que nos 6.000 m2 de espazo, contamos con instalacións de cociña propias e de última xeración, con dous salóns con capacidade de 400 e 150 comensais, con terraza acristalada, terraza ao aire libre, amplas zonas verdes de xardín, con aparcadoiro con acceso ao hall do edificio e unha suite de 80 m2.

Con vistas ao xardín e á Ría, o Salón Dourado (de 416m2) mestura a luz natural que achega a terraza que o rodea, coa iluminación artificial do seu escultórico teito. Considérase o lugar idóneo para celebrar unha conferencia, un coloquio, presentación de vehículos ou pechar ao grande un congreso cunha cea de gala.

O Salón Enredos (de 242m2), un dos espazos máis versátiles da finca, sitúase na planta baixa con acceso ao xardín e á Terraza dos Fentos, e é ideal para pequenos eventos (unha tendencia en auxe no sector) que poderían combinar a reunión no salón, un coffee na terraza e o cóctel no maxestoso xardín con arces xaponeses, fervenzas e láminas de auga. Actualmente o Salón de Enredos transformouse con set audiovisuais para eventos presenciais, virtuais ou híbridos.

En Finca Montesqueiro tamén ofrecemos a posibilidade de celebrar o teu evento ao aire libre, o noso xardín está preparado para acoller tanto unha reunión, un cóctel-aperitivo, como un xantar ou cea que os invitados vivirán nunha contorna única, rodeados dunha gran variedade de especies, entre as que podemos destacar as camelias, os arces e un magnífico magnolio.

A nosa oferta gastronómica se mimetiza co concepto de cada evento grazas ao asesor culinario, o chef Nandu Jubany, que conta cunha Estrella Michelin, baseada nunha boa materia prima e unha excepcional posta en escena.

Son todos estes ingredientes, tanto os humanos, como os arquitectónicos, os que fan de Finca Montesqueiro un lugar único e diferente, un espazo ideal para o teu evento.

Logo Finca Montesqueiro

Rúa Xardíns, 2. 15172 Perillo. Oleiros

Salón M2 Imperial Teatro Escola Banquete Forma «U» Cocktail
Salón Dourado 416 450 400 240 400 51 300
Salón Enredos 242 — 120 84 140 41 250
Terraza Helechos (cuberta) 121 30 95 45 72 36 100
Xardin dos Arces 476 — 160 — 150 — 350