Ficha técnica

  • Concepción Labrador
  • hhacorunacentro@hesperia.com
  • 981 01 03 00
  • https://www.hesperia.com/

Habitacións: 126

Capacidade Max Sala: 150

Veñas ao que veñas a Coruña e necesites o que necesites, neste hotel preto de Riazor telo. Só tes que atender á súa privilexiada localización (xunto á praza de Lugo e a 10 minutos camiñando de praza María Pita) e á súa recente reforma que o dota das mellores instalacións para negocios, eventos e turismo que podes atopar na cidade, para convencerte de que estás ante o aloxamento no centro da Coruña perfecto para ti.
O hotel conta con diferentes tipos de habitacións que se adaptan ás variadas necesidades dos seus hóspedes incluíndo espazos de traballo ou unhas cristaleiras que che farán sentir voando sobre o centro da cidade (Habitación Deluxe). Elixas a habitación que elixas neste hotel no centro da Coruña hai dous luxos fundamentais que nunca che faltarán: a abundante luz natural propia dos típicos edificios acristalados deste recuncho do Atlántico e a recoñecida hospitalidade galega, transmitidas en habitacións que superan o “sentirse como na casa”. Habitacións comunicadas, con terraza ou cun confortable sofá cama…todas dispoñibles para adaptarse ás túas necesidades, as da túa familia e mesmo as da túa mascota.
Amplas salas, actas tanto para reunións máis íntimas como para grandes encontros, impresionantes vistas do skyline da cidade desde a nosa Secret Room e un acolledor e completo ximnasio, completan a oferta dun establecemento que fai as delicias tanto dos hóspedes que visitan a cidade por lecer como por negocio.

DUI Dobre Triplo Junior Suite Suite/Deluxe Adaptada
53 estándar

40 superior

18 9 6 Deluxe 4 estándar
Logo Hesperia

Rúa Juan Flórez, 16