Ficha técnica
En Miraveo dispoñemos dun espazo de 750m2 (Studio Follow). Cunha zona para eventos de 500m2 e un estudio de 250m2 equipado con área de descanso, camerinos e set de maquillaxe. A versatilidade que ofrece o noso ciclorama de 5’60 x 8’00 x 5’00 metros adáptase ás necesidades da túa produción, xa sexa un shooting de moda, unha sesión de foto de produto ou a rodaxe de todo tipo de formatos en vídeo.
Un espazo preparado para proporcionar unha experiencia premium aos nosos clientes, onde os límites os marca a túa creatividade.
Características estudio:
- 250 m2
- Luz cenital natural
- Ciclorama 5,60 x 8,00 x 5,00 m
- Corrente trifásica
- Wi-fi 1 Gbps
- Pantalla 65”
- Altofalante Sonos
- Zona de HMU con burros e vaporeta
- Zona de descanso e catering
- Neveira americana con fonte de auga
- Microondas e quentador de auga
- Cafeteira Nespresso
- Baños e vestiario exclusivos
- Porta automática 5,75 x 6,20 m
- Aparcamento privado