Ficha técnica

  • David Lousa Reventós
  • david@pazodesantacruz.es
  • 981773607 / 636498124
  • www.pazodesantacruz.es

Capacidade Max Sala: 4000

O Pazo de Santa Cruz de Mondoi é unha exclusiva finca do século XVI situada a tan só 20Km da Coruña e comunicado por autoestrada coas cidades máis importantes da provincia. É o lugar ideal para realizar todo tipo de celebracións. 8.000 m2 convertidos nun moderno e sorprendente espazo con capacidade para albergar eventos de ata 2000 persoas.

A súa estrutura tradicional, os seus coidados xardíns e os centenarios alpendres cubertos, son ideais para a multitude de celebracións. A incomparable contorna do seu emprazamento dálle un toque de distinción perfecto para a celebración de calquera evento. A nosa cociña está dirixida por un dos socios e nestes 22 anos consolidouse como unha referencia no sector. Non somos cátering e elaboramos os nosos pratos nas instalacións. Innovación e tradición danse a man para sacarlle todo o partido a un dos nosos grandes valores: o produto. Temos unha gran oferta gastronómica para que todos os nosos clientes deseñen o menú ao seu gusto e necesidades. Dispoñemos de pratos tradicionais e outros máis modernos.

Os banquetes celebraranse no salón con capacidade para 500 persoas.  Unha estrutura diáfana e acristalada con todo o equipamento que ofrece unhas vistas inmellorables da contorna, tanto de día como de noite grazas á iluminación dos seus xardíns. Poderán gozar do Pazo e sacarlle todo o partido a cada un dos seus fermosos recunchos utilizando para iso as decoracións máis espectaculares e orixinais.

Santa Cruz de Mondoi, 60. 15319. Oza – Cesuras

Salón M2 Imperial Teatro Escola Banquete Forma «U» Cocktail
Salón 363 — 260 120 350 — 600
Alpendre 480 — 80 30 100 — 800
Jardín 4000 — 1500 700 2000 — 4000