Ficha técnica

  • Javier Díaz
  • jdiaz@pazodevilaboa.es
  • 981 928 340 / 666 478 244
  • www.pazodevilaboa.es

Capacidade Max Sala: 500

O Pazo de Vilaboa é unha nobre e fermosa construción do século XIX, situada a dez minutos do centro da Coruña na parroquia de Rutis en Vilaboa. Nel destacan o salón principal, con capacidade para 500 comensais, a pequena capela e o torreón circular onde se atopa a suite nupcial e o Salón Vermello. A parte traseira, con amplos xardíns de árbores centenarias, é o escenario perfecto para celebracións ao aire libre.
Somos unha empresa consolidada do sector da restauración e a nosa especialidade son os grandes eventos e banquetes. Buscamos a excelencia en cada un dos nosos servizos e fundamentamos o noso desenvolvemento en ofrecer a mellor calidade de produto abarcando todas as súas vertentes: o servizo, a materia prima da mellor calidade e unha esmerada elaboración cos mellores métodos e tecnoloxías.
Especialistas en eventos e actos de empresa, vodas íntimas, aniversarios, bautizos, comuñóns e aniversarios son algúns dos eventos sociais máis comúns aos que o Pazo de Vilaboa achegará a distinción que o seu evento necesita. Os seus singulares salóns, un coidado servizo e a súa exquisita cociña fan del un espazo de referencia para eventos en Coruña.

Rúa do Souto 2, Vilaboa – Culleredo 15174 A Coruña · España