Ficha técnica

  • David Sánchez González
  • dsanchez@pencilandfork.es
  • 620071174
  • pencilandfork.es

Capacidade Max Sala: 35

Capacidade: 35

Desde Londres a A Coruña, con máis de vinte anos de experiencia na organización de eventos, Pencil & Fork abre as súas portas en Galicia para ofrecer un lugar de encontros, reunións comerciais, presentacións de produto, comidas de empresa, experiencias de alta cociña, celebracións, aprendizaxe divertida, team-building ou networking.

Ademais, estamos especializados en talleres de experiencias gastronómicas galegas para o visitante, tanto en inglés como en español, visita ao mercado da praza de Lugo e cociña, catas, showcooking de alta cociña galega, presentación de produto.

Todo dunha forma divertida, participativa e de calidade. Tamén poñemos a disposición o noso espazo para alugar, incluíndo unha área de cociña, unha mesa creativa ou todo o local con billa de cervexa, servizo de cátering, bebidas e café dispoñible.

En Pencil & Fork Galicia queremos aportar a experiencia de todos estes anos creando vínculos e achegando o talento galego a un público local, nacional e internacional abanderado polo dito coruñés “A terra onde ninguén é forasteiro”.

C/ Alfredo Vicenti 29, 15004 A Coruña

Salón Banquete Cocktail Escola Teatro Forma «U»
Espacio completo 20 35 25
Sala Bosque 12 10