Formación en Intelixencia Artificial aplicada ao día a día profesional do sector MICE organizada por A Coruña Convention Bureau
A Coruña Convention Bureau celebrará o vindeiro 2 de marzo unha acción formativa centrada no uso práctico da Intelixencia Artificial no día a día profesional, dirixida ás entidades asociadas e concibida como unha ferramenta de actualización e mellora da competitividade do sector. A formación estará impartida por Javier de Alfonso, profesional cunha ampla traxectoria en emprendemento, publicidade e formación, e recoñecido polo seu traballo no ámbito da innovación tecnolóxica e da intelixencia artificial. A sesión presencial abordará aplicacións prácticas da IA orientadas á xestión, a comunicación e a toma de decisións no contorno profesional. Esta acción enmárcase dentro da liña de axudas DP0030 da Deputación da Coruña e completarase con tres sesións webinar nos meses de abril, maio e xuño, concibidas como espazos de seguimento e actualización. Con esta iniciativa, A Coruña Convention Bureau reforza o seu compromiso coa formación continua, a innovación e o fortalecemento do ecosistema profesional vencellado ao turismo de reunións, congresos e eventos.

La información MICE de A Coruña en tu mail
Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.




