A intelixencia artificial impulsa a innovación do sector MICE en Galicia
A Coruña Convention Bureau participou recentemente nunha xornada centrada na aplicación da intelixencia artificial ao sector MICE, unha iniciativa organizada por OPC Galicia e Galicia MICE, co apoio da Deputación da Coruña. O encontro, celebrado no Hotel Fragas do Eume, reuniu profesionais do ámbito dos eventos, congresos e turismo de reunións nunha xornada orientada a explorar o impacto da intelixencia artificial na transformación do sector. Durante a sesión, abordáronse novas ferramentas, tendencias e casos de uso que están a redefinir a planificación, xestión e comunicación de eventos.
A xornada contou tamén coa participación de varios membros asociados ao Convention Bureau, entre eles Orzán Congres, Serglo, Attica21 Hotels, Expocoruña e Océano Azul Comunicación, o que reflicte a implicación activa do tecido profesional local en procesos de innovación e mellora continua. Este tipo de iniciativas contribúen a fortalecer o coñecemento compartido dentro do ecosistema MICE, fomentando a adaptación a un contorno cada vez máis dixitalizado e competitivo. A intelixencia artificial posicióase así como unha ferramenta clave para optimizar procesos, personalizar experiencias e mellorar a toma de decisións na organización de eventos.
La información MICE de A Coruña en tu mail
Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.




