A provincia da Coruña presenta en FITUR a súa estratexia turística con mirada internacional

Published On: 22 de Xaneiro de 2026Categories: Uncategorized

A Coruña Convention Bureau acompañou á provincia da Coruña durante a súa participación en FITUR, estando presente nas distintas presentacións e actos impulsados pola Deputación da Coruña no marco da feira. Unha presenza centrada en apoiar a proxección internacional do territorio e en respaldar un modelo turístico diverso, sostible e competitivo, capaz de preservar a identidade e a autenticidade dos distintos destinos da provincia.

Entre os principais eixes da proposta provincial destacou a promoción do astroturismo, coa presentación da campaña “Un atardecer, dous solpores: o eclipse na provincia da Coruña”, arredor do eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto de 2026, concibido como unha oportunidade estratéxica de visibilidade internacional. A estratexia completouse co impulso aos xeodestinos, a posta en valor de rutas xacobeas como Fisterra-Muxía e a proxección de grandes eventos internacionais, reforzando o posicionamento da provincia como un territorio preparado para acoller eventos, congresos e encontros profesionais de alcance nacional e internacional.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.