Presentación de A Coruña Convention Bureau nunha nova edición do Global Mice Forum

Published On: 29 de Abril de 2023Categories: Uncategorized

A Coruña Convention Bureau A Coruña estivo presente hoxe nunha nova edición do Global Mice Forum. Nesta ocasión o noso xerente, Álvaro Lens, viaxou a Toledo para seguir promocionando a marca A Coruña no mercado MICE. Trátase dun evento con compradores nacionais que tivo lugar no parque temático Puy du Fou, un espazo único onde se reuniron numerosas axencias de eventos, divisións MICE de grupos turísticos e algunha representación do segmento asociativo.

Como sempre, unha magnífica oportunidade para presentar a ampla oferta da nosa cidade que se sitúa nun bo lugar no mercado profesional do turismo.

Comparte en redes