Primeira visita institucional do Convention Bureau á AESIA

Published On: 30 de Abril de 2025Categories: Uncategorized

O presidente do A Coruña Convention Bureau, José Blanco, e o xerente, Álvaro Lens, realizaron esta semana a súa primeira visita institucional á sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), situada na Coruña.

O obxectivo deste encontro foi fortalecer os lazos de colaboración entre ambas as entidades e explorar oportunidades para potenciar a posición da cidade como destino clave para o turismo de congresos e eventos científicos e tecnolóxicos.

Durante o encontro, os representantes de AESIA compartiron que xa están a traballar na organización de dous eventos propios, un local e outro internacional, como parte da súa estratexia para promocionarse e consolidar a súa posición no ecosistema tecnolóxico. Dende o A Coruña Convention Bureau estivemos dispoñibles para colaborar na xestión destes eventos, ofrecendo apoio técnico e promocional a través do Convention Bureau.

Este primeiro contacto non só serviu para establecer unha relación institucional senón tamén para activar potenciais liñas de colaboración concreta, reforzando o papel da Coruña como polo estratéxico no desenvolvemento da intelixencia artificial e na súa aplicación responsable.

No A Coruña Convention Bureau celebramos a presenza de AESIA na nosa cidade e o seu potencial transformador para o tecido económico e científico local, e reiteramos a nosa vontade de apoiar e impulsar as súas actividades dende o sector MICE.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.