«Un sector moi activo e moi capacitado»: Gonzalo Castro pon en valor a fortaleza do MICE coruñés

Published On: 29 de Abril de 2026Categories: Uncategorized

No marco da presentación de MIS Internacional 2026, o concelleiro de Turismo da Coruña, Gonzalo Castro, puxo en valor o papel do sector profesional da cidade na captación de eventos e a súa contribución ao posicionamento do destino no ámbito MICE.


Durante a súa intervención, Castro subliñou que a chegada dun encontro internacional como este é o resultado dun traballo previo de “posta en contacto, de construción, de posta en conxunto de ideas e de proxectos”, así como da confluencia de intereses dentro do sector. Un proceso que, segundo indicou, reflicte o labor dun tecido profesional “moi activo, moi capacitado e moi competente, moi situado no século XXI”.


Neste sentido, sinalou que este nivel de desenvolvemento do sector require dunha resposta coordinada desde o ámbito público, capaz de acompañar e impulsar proxectos aliñados coa realidade e o potencial da cidade. Así mesmo, apuntou á importancia de que as administracións continúen avanzando nese camiño, contribuíndo a consolidar o crecemento do sector MICE local.
O concelleiro destacou tamén a “potencialidade enorme” da Coruña como destino, subliñando a relevancia de seguir apostando polo traballo conxunto entre o ámbito público e privado, onde —segundo indicou— se desenvolven as accións máis relevantes desde o punto de vista económico e social.


Na súa intervención, incidiu en que a competitividade do destino pasa por xerar as condicións necesarias que permitan ao sector desenvolver todo o seu potencial, poñendo en valor o esforzo e o compromiso do tecido profesional da cidade.
Castro apostó además por avanzar desde la escucha activa al sector, señalando la importancia de “escuchar más que hablar”, tomar nota y aprender de iniciativas como MIS Internacional para seguir reforzando el posicionamiento de A Coruña en el ámbito nacional e internacional.


Por último, fixo referencia á necesidade de seguir traballando en aspectos clave para a competitividade do destino, como a conectividade, como parte dunha estratexia global que permita á cidade consolidarse no mercado MICE.

Comparte en redes

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.