A Coruña acolle o XXXIII Congreso Nacional e o III Congreso Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica-ANPIR

Published On: 18 de Maio de 2023Categories: Uncategorized

A Coruña Convention Bureau é colaboradora do XXII Nacional e III Congreso Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica -ANPIR que comeza hoxe en Palexco. Neste gran evento, os principais expertos nacionais e internacionais en psicoloxía clínica debaterán sobre saúde mental, tratamentos psicolóxicos e saúde pública. O evento, co que colabora o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, conta con máis de 800 inscritos e terá unha duración de tres días. Nesta ocasión, colaboramos co congreso facilitándolles asistencia técnica na coordinación do evento que leva a cabo o noso socio Orzán Congres.

Comparte en redes