10 razóns para elixir A Coruña como a sede do teu encontro MICE

Elixe A Coruña para os teus eventos, congresos e feiras

Torre de Hércules, balcón del Atlántico

1. Balcón do Atlántico

A Coruña, cidade mariñeira por natureza, unha península rodeada polas augas do Atlántico. Vive do mar e para o mar. As suas especiais características configuraron o Paseo Marítimo máis longo e moderno de Europa, que permite ao visitante descubrir os 2000 anos de historia da cidade. Iluminada pola Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo aínda en funcionamento, foi declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2009. Cidade acolledora e inspiradora, inclusiva e próxima, cun estilo de vida propio, cun potencial creativo que convive cunha cultura emprendedora; cunha proposta cultural e gastronómica vibrante e heteroxénea, A Coruña posiciónase sen dúbida como destino idóneo para a celebración de encontros ao máis alto nivel.

Aeropuerto de A Coruña

Excelente comunicación: terra, mar e aire

Os aeroportos de A Coruña (LCG), a 8 km, e de Santiago (SCQ), a 51 km, facilitan o acceso á cidade desde numerosos destinos nacionais e internacionais. A futura chegada do tren de alta velocidade, xunto á construción da estación intermodal, completarán a infraestrutura de transporte terrestre que facilite a chegada de visitantes MICE á cidade. O histórico Peirao de Transatlánticos recibe numerosas embarcacións de recreo, máis que todas as cidades do norte da península xuntas. Situado no centro de A Coruña permite aos que nos visitan por mar un cómodo e rápido acceso peonil aos principais puntos de atracción turística e comercial da cidade.

Venues de calidad en A Coruña

Venues de calidade e á vangarda

A Coruña conta cun Palacio de Congresos (PALEXCO) que se alza a beiras do mar en pleno centro da cidade. PALEXCO dispón de diferentes espazos entre os que se atopa un Auditorio para 1.500 asistentes, equipado coa tecnoloxía máis avanzada; no seu distrito de negocios e eventos sitúase ExpoCoruña, un recinto feiral polivalente con multitude de superficies entre as que se sitúa o seu atrio central funcional con con máis de 25.000 metros cadrados de luz natural, unha instalación de calidade para todo tipo de feiras profesionais. E A Coruña dispón do Coliseum, unha infraestrutura única no norte de España para eventos deportivos, culturais e de lecer cunha capacidade para máis de 9.000 persoas.

Gran oferta hotelera en A Coruña

4. Gran oferta hostaleira

A través da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (HOSPECO), a cidade ofrece unha ampla e variada oferta hostaleira. Con máis de 2.000 habitacións con todas as comodidades para o segmento MICE e con servizos adaptados ás necesidades dos organizadores e asistentes a reunións. Moitos dos aloxamentos están situados no centro urbano e no paseo marítimo de A Coruña a menos de 5 minutos andando de Palexco. Outros se concentran na contorna de ExpoCoruña e o Coliseum no barrio de Matogrande, rodeado de áreas deportivas e zonas comerciais.

Servicios para organizar reuniones en A Coruña

5. Alta experiencia MICE local

A Coruña posicionouse como un dos principais destinos MICE do norte de España. Durante as tres últimas décadas A Coruña foi sede dun importante número de eventos nacionais e internacionais de gran calado, posicionándose como un dos principais destinos MICE do norte de España. A cidade pon a disposición dos organizadores de eventos unha ampla gama de empresas profesionais locais cunha longa traxectoria e alto grao de experiencia e preparación no sector: OPC ́s, DMC ́s axencias de receptivo, empresas de tecnoloxía para eventos, empresas de cátering, transporte terrestre, guías turísticos, montadores de stands, deseñadores gráficos, tradutores, azafatas, etc.

Mariscos y pescados en A Coruña

6. Sabor atlántico

A oferta gastronómica que podemos atopar na Coruña é moi recoñecida e variada. Vai desde a cociña tradicional de Galicia, á alta cociña ou a novas propostas de fusión máis atrevidas. Os produtos locais, frescos, con elaboracións sinxelas que realzan o valor da materia prima de calidade son a base da cociña atlántica, da que é máximo expoñente. A cidade ofrece ademais fantásticos mercados de abastos como o de San Agustín ou a Praza de Lugo, visitas ineludibles onde a exhibición dos produtos do mar e produtos ecolóxicos resulta un espectáculo inigualable. Para os máis madrugadores recomendamos unha visita á Lonxa da Coruña, o segundo porto de peixe e mariscos frescos de España e un dos máis importantes de Europa.

Ocio y deporte en A Coruña

7. Lecer afterwork

A Coruña é unha cidade viva, cun atractivo estilo de vida, acolledora e amable. Os teatros Rosalía de Castro ou Teatro Colón, as Fundacións Barrié, Luís Seoane ou Abanca e a rede de museos científicos conforman a columna vertebral da vida cultural da cidade. O paseo marítimo ofrece 13 km de carrís independentes para bici e para runners. As praias de Orzán e Matadoiro son punto de encontro de surfeiros boa parte do ano. O Balneario urbano Termaria Casa da Auga inclúe un centro de talasoterapia ideal para relaxarse despois dunha dura xornada de traballo. Para os amantes do shopping, Marineda City é un dos centros comerciais máis grandes e espectaculares de toda Europa. Os pubs da zona de Pescadería e do Porto son espazos idóneos para gozar do tempo afterwork.

A la última tendencia, Zara, A Coruña

8. Á última tendencia

A Coruña é unha cidade de moda. Non só porque nos seus arredores se atopa Inditex, o gran laboratorio do deseño da moda que exporta a medio planeta, senón porque o seu centro urbano converteuse nun escaparate das súas marcas e doutros deseñadores independentes, que atoparon aquí o lugar perfecto desde onde conquistar o mundo. En pleno Ensanche, na contorna do edificio onde residiu a familia Ruiz Picasso durante a súa estancia na cidade a finais do século XIX, creouse un inusitado bastión dedicado ao deseño e a moda. Os visitantes non poden evitar sorprenderse cos looks que ven polas rúas, tan habituais en calquera capital internacional da moda, ata o punto de que a cidade exerce de ensaio das tendencias masivas.

La mejor cerveza del mundo en A Coruña

9. A mellor cervexa do mundo

O certame británico World Beer Challenge resolveu que a cervexa 1906 de Estrela Galicia é a mellor cervexa do mundo. Tras a recoñecida marca cervexeira atópase a historia dun soño, o de José María Rivera Corral, que tras o seu paso por América como emigrante fundou en 1906 en A Coruña a fábrica La Estrella de Galicia, dedicada á fabricación de cervexas e xeo. Máis dun século despois, esta cervexa non só se instaurou como unha das máis importantes en España, senón tamén no resto do mundo, pois está presente en máis de 50 países. Hijos de Rivera abriu en 2019 MEGA Mundo Estrela Galicia, un espazo museístico xunto á súa fábrica da Coruña, único en España para mergullarse na centenaria historia da marca. Sen dúbida, un lugar de peregrinación para os amantes da cultura cervexeira.

Espacios naturales en A Coruña

10. Espazos naturais

A Coruña ofrece un entorno litoral de increíble riqueza paisajística y biodiversidad. Los Jardines de Méndez Núñez protegen, con sus especies arbóreas variadas y riqueza floral, los monumentos a gallegos ilustres. El Jardín de San Carlos acoge la tumba de Sir John Moore, derrotado y herido de muerte en la Batalla de Elviña. La ciudad cuenta, además, con otros espacios naturales como los Parques de Santa Margarita (donde se ubica el Planetario y el Palacio de la Ópera), Bens, el Monte de San Pedro, lugar idóneo para contemplar un atardecer y ver desaparecer el sol en el Fin del Mundo, o el Parque Escultórico de la Torre de Hércules, museo al aire libre en el que se puede sentir la brisa del mar, su sabor y su aroma en un entorno de leyenda.

Axudámosche?

Coñece a gama de servizos que ofrece ACCB a todos aqueles prescritores locais e empresas que desexen organizar o seu próximo encontro na Coruña

 

La información MICE de A Coruña en tu mail

Conoce todo lo que sucede en el mundo MICE de A Coruña, suscríbete a nuestro boletín.