A Coruña Convention Bureau (ACCB)
A Coruña Convention Bureau é unha entidade de promoción técnica e especializada cuxo principal obxectivo é reforzar a imaxe da Coruña e a súa área metropolitana como destino de referencia para a atracción de grandes eventos e reunións profesionais cara á cidade.
O ACCB integra nunha soa marca e arredor dunha visión estratéxica en común, os esforzos e intereses de todas aquelas iniciativas locais, privadas e públicas, vencelladas co fomento e desenvolvemento do Turismo MICE local.
Obxectivos de A Coruña Convention Bureau
Potenciar A Coruña
Potenciar a imaxe nacional e internacional de A Coruña e a súa área metropolitana como destino de encontros e de servizos ao máis alto nivel.
Coordinar servizos
Coordinar a oferta de recursos e servizos MICE, rendibilizando as oportunidades que ofrece A Coruña para a celebración de todo tipo de eventos.
Integrar sectores
Integrar sectores estratéxicos da economía local con potencial e convertelos no desenvolvemento intelectual, sostible e de negocios da cidade.
Rede de embaixadores
Identificar a persoas da comunidade científica, médica, social e empresarial local para que se involucren activamente na captación de eventos.
Ponte de unión
Funcionar como ponte de unión entre os promotores e organizadores de eventos nacionais e estranxeiros e as empresas prestadoras de servizos locais.
Expertise
Achegar coñecemento e expertise que permita ao organizador acadar as metas expostas coa reunión e axudarlle a ampliar a mensaxe do evento.
Viaxes de inspección
Organizar viaxes de inspección para transmitir in situ as fortalezas de A Coruña como sede ideal para a celebración de todo tipo de eventos.
Centro I+D+i
Fomentar a investigación, o desenvolvemento e innovación para poder manter unha oferta adaptada ás necesidades dos asistentes MICE.