Ficha técnica

  • Pilar López Cordal
  • direccion@expocoruna.com
  • 881920010
  • www.expocoruna.com

Capacidade Max Sala: 7000

EXPOCoruña constitúese no ano 2008 como espazo multiusos, único, flexible e polivalente, preparado para acoller todo tipo de eventos. Mediante unha nova filosofía de diferenciación, baseada na unificación de valores como a innovación, a cultura, o deseño e a tecnoloxía. ExpoCoruña é o espazo perfecto para celebrar todo tipo de eventos: feiras, congresos, competicións deportivas, reunións de empresa, concertos, exposicións, desfiles, festivais, eventos corporativos… Un mundo de posibilidades en 18.000 m2 cubertos e 8.000 m2 exteriores. Aparcadoiro propio, salas multiusos, sala VIP, aulas, despachos… todas as áreas expositivas son flexibles e adaptables a calquera proxecto que se queira facer realidade.

Máis dunha década sendo o mellor escaparate de Galicia para celebrar todo tipo de eventos. Cada ano celébranse máis de 50 eventos e visítannos máis de 400.000 persoas. ExpoCoruña é un espazo multiusos que organiza e acolle eventos nacionais e internacionais de carácter corporativo, social e cultural. Un dinamizador económico local que materializa a súa actividade a través das súas feiras e eventos que abarcan os principais sectores da economía. Un edificio moderno cunha infraestrutura única que nos permitiu albergar grandes eventos ao longo destes anos.

ExpoCoruña ofrece todos os servizos necesarios para organizar calquera tipo de evento. Poñemos ao dispor dos promotores e organizadores unha atención personalizada, ofrecemos un servizo integral coa opción de contratar unha ampla oferta servizos. Un equipo multidisciplinar que asegura a excelencia: os nosos especialistas estarán á túa disposición para axudarte a materializar os teus mellores proxectos.

Logo Expocoruña

Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña

Espazo M2 Altura Capacidade máxima
Atrio central 10.000 17 m 6.960
Galería 1.754 12 m 3.300
Hall 1.971 13 m 2.040
2 naves pranta baixa 2.333 cada unha 4,5 m 1.920 cada unha
2 naves primeira pranta 2.200 cada unha 10 m 1.920 cada unha
Auditorio 465 424 butacas con mesita
3 aulas 57 100
2 salas de xuntanzas
2 despachos
Sala multiusos
Sala vip