Ficha técnica

  • info@restaurantehunico.com
  • 981 65 70 18
  • www.restaurantehunico.com

Capacidade: 50

Un luxo gastronómico para todos os sentidos:

O mellor produto, galego e de fóra de Galicia. A reinterpretación da cociña galega partindo das mellores materias primas elaboradas desde a innovación. Unha carta cambiante que depende do produto de mercado, o que temos hoxe se cadra non o ofrecemos mañá. Os nosos mares, os produtores e as tempadas son os que marcan os nosos pratos. Hünico é toda unha experiencia na que destaca o sabor, o agarimo no trato de cada produto e as horas de alta cociña para resaltar as súas calidades.

Dispoñemos de dúas zonas onde poderá gozar da súa experiencia, tanto no interior, un espazo máis íntimo e elegante, ou un espazo na nosa marabillosa terraza, onde poderá comer, cear ou degustar un dos nosos cocteles ou carta informal, nun espazo máis casual.

Logo Hünico

Rúa Zalaeta, 12, 15002 A Coruña