Sesión informativa para socios para a obtención dunha certificación polo ICTE

Published On: 15 de Abril de 2024Categories: Uncategorized

Co obxectivo de dar un paso máis na certificación en Calidade e Sustentabilidade de A Coruña como destino MICE, esta mañá organizouse unha sesión informativa no hotel Plaza dirixida a todas aquelas empresas asociadas a ACCB e cun número de REAT (Rexistro de Empresas de Actividades Turísticas) en vigor (aloxamentos, restauración, transportes, axencias de viaxes, empresas de actividades/aventuras, etc) para explicar os procedementos para seguir para a obtención dunha certificación polo ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española), dependente da Secretaría de Estado para o Turismo.

Abriu a sesión Cesáreo Pardal, presidente da Clúster de Turismo de Galicia, e desenvolveu os contidos Beatriz Ulloa, responsable de sistemas de Supernova, empresa adxudicataria dos servizos de consultoría na implantación de sistemas de calidade/sustentabilidade que acceden á subvención de tal fin.

Comparte en redes