Á Illa da Toxa, destino anfitrión da terceira edición do Global MICE Forum

Published On: 5 de Xullo de 2023Categories: Uncategorized

A Illa da Toxa foi o destino anfitrión da terceira edición do Global MICE Forum, celebrado entre os días 4 e 6 de xullo. Unha edición que crea oportunidades de negocio reais e un ambiente ideal para crear redes relevantes e centradas en obxectivos.

Este encontro pioneiro do sector asociativo en España aglutina a oferta e a demanda de Congresos e Encontros de asociacións nacionais. Nesta edición participaron como hosted buyers Xunta Directivas de asociacións e sociedades médicas, científicas e outros sectores que organizan congresos a nivel nacional.

Este Foro estivo especialmente dirixido a provedores especializados en Congresos de toda España: Convention Bureaux, Palacios de Congresos, auditorios, hoteis con centros de convencións de gran capacidade e provedores de servizos complementarios para congresos. A participación de A Coruña Convention Bureau neste importante evento para o noso sector desenvolveuse grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña.

Comparte en redes