A Coruña Convention Bureau, na convención anual de SpainDMCs

Published On: 4 de Abril de 2023Categories: Uncategorized

A Coruña Convention Bureau participou esta fin de semana en Xixón na convención anual de SpainDMCs, entidade que alude aos principais receptores MICE nacionais. O noso xerente Álvaro Lens fixo unha presentación de destino na que destacou o amplo abano de posibilidades que ofrece a nosa cidade como sede de eventos profesionais nacionais e internacionais. Trátase dun evento destacado, xa que as empresas asociadas a SpainDMCs teñen unha ampla experiencia no mercado internacional de MICE e unha gran capacidade de influencia nas decisións dos seus clientes sobre o destino das súas operacións en España. Non cabe dúbida de que a nosa presenza traerá grandes resultados para a cidade.

A Asociación Española de Empresas Xestoras de Destinos (SpainDMCs) é unha entidade sen ánimo de lucro na que están asociadas empresas españolas especializadas en servizos para o mercado internacional do segmento MICE. A asociación creouse no ano 2000 e conta na actualidade con 35 empresas asociadas que, no seu conxunto, contan con máis de 60 oficinas en toda España.

Comparte en redes