Ficha técnica

  • Oscar López Cernadas
  • olopez@mundoestrellagalicia.es
  • 649 597 156
  • www.mundoestrellagalicia.es

MEGA Museo Estrela Galicia é o primeiro e único museo de España dedicado á cultura de cervexa, un museo que está dentro da fábrica en activo de Estrella Galicia, en A Coruña

MEGA é un museo pouco convencional, un museo experiencial que vai moito máis alá dunha galería expositiva. En MEGA apreciarás, catarás e aprenderás sobre cultura cervexeira, historia, elaboración, materias primas, o noso mimo e saber facer, o percorrido da marca Estrella Galicia… en fin, un paraíso onde vivir e sentir a paixón pola cervexa.

En MEGA tocarás, cheirarás, verás, sentirás, beberás, comerás, rirás e escoitarás. Porque a cervexa vívese cos 5 sentidos e queremos que o sintas todo. No noso mundo, valoramos a intensidade e calidade das experiencias, por iso creamos MEGA, un lugar no que sentir a cervexa a outro nivel.

Queremos que MEGA se convirta nun punto de referencia da peregrinaxe cultural por Galicia, por España e polo mundo. O noso obxectivo é ser o destino de lecer e turismo para os amantes da cervexa, os amantes de Estrella Galicia e os amantes da cultura, porque a cervexa tamén o é.

MEGA non só ofrece unha experiencia doutro nivel, o que alcanza o noso museo por ser único e totalmente diferente a calquera outro museo, senón que ademais excede os límites do propio museo, chegando ata as casas dos máis cervexeiros a través de packs especiais, talleres e actividades en liña enfocadas a continuar vivindo experiencias

Logo MEGA Rojo

Rúa José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña